26
A sega da herba no ano 1962
No mes de maio é cando se fai a sega da herba nas fincas,cortábase a herba co podón , a xente facía mollos para secala. Estes mollos chámanse monecos ou piruchos e deixábanse na finca unha semana a secar ao sol. Despois íase e recollíase en carros de vacas para levalos as casas e gardalos nos palleiros. Tanto na sega como na recollida reuníanse os veciños para axudarse logo comían ou merendaban nas fincas.
Na foto aparecen o meu bisavó e a miña bisavoa ao lado dos piruchos.
Alumna: Alicia Castro Martínez
Centro: Ceip Plurilingüe Felipe de Borbón