Cruceiro do Castro de Santa Mariña

    Newer Older

    O cruceiro do Castro de Santa Mariña ou do Monte da Pastora, en Cambados, é un elemento de moita calidade na súa talla, moi semellante en estilo ao de Carballás, o de Refoxos e o do Esteiro en Vilanova, por citar os máis próximos. Desgraciadamente o seu estado de conservación é bastante malo. Non hai máis que ver como está a cara Leste, onde se colocou unha Virxe das Dores enriba dunha testa de anxo, cun xogo de luces e sombras no pregado moi atinado e con movemento. Desapareceu a faciana da Virxe e tamén desapareceron na súa maior parte os brazos da cruz. Pola cara de Poniente a cousa aínda está pior; do Cristo non hai resto ningún. A causa de tal estado semella que foi un raio, tal e como lembran ainda algúns veciños, que guindou coa cruz no chan. O conxunto érguese sobre tres gradas que conducen a un dado achafranado na parte superior. O varal é liso e inicia o primeiro tramo con catro caras, pasando despois a seis. O capitel ten unha labra moi fina con elementos vexetais máis ou menos semellantes a acantos que se enmarcan por volutas, recollendo a vella idea do capitel composto romano, agora marcando os eixos de cada cara con testas de anxos. Este cruceiro, xunto con outros e unha serie de marcos inscritos cunha lenda, delimitaban as vellas xurisdicións de Fefiñáns e Cambados, tal e como se relata nun documento de apeo do século XVII. Servía por tanto como "cruz de término", a parte de ter o uso común dos cruceiros galegos de certos ritos dentro da relixiosidade popular.

    MÚSICA: Kiri te Kanawa sings "Laudate Dominum" from
    Vesperae solennes de confessore, KV 339
    by Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
    London Symphony Orchestra and Chorus
    www.youtube.com/watch?v=yDpcbUNC2f4&feature=colike

    SHUMIRE (LOu.), and 2 other people added this photo to their favorites.

    1. SHUMIRE (LOu.) 64 months ago | reply

      veia una puerta maravillosa y de
      repente ya hay nueva foto...y nuevamente
      aprendiendo algo....muy bueno.
      la foto es fantastica.

    2. jojesari 64 months ago | reply

      Canto traballiño dos nosos canteiros, boa foto,apertas

    3. LIMA58 64 months ago | reply

      Un boo detalle do cruceiro, co musguino coreandoa pedra, moi enxebre¡¡¡¡ enhoraboa Sindo, é unha ledicia, saudiños dende Mallorca.

    4. Amieirolongo 64 months ago | reply

      E unha pena que parte da nosa cultura se perda dese xeito, eu non son créente pero penso que deberíamos coidar esas pezas como parte da nosa historia.
      Bo reportaxe Sindo, saúdos!!!

    5. Canconio59 64 months ago | reply

      Que maravilla de cruceiro, que detalles y que gran trabajo.
      Hermosa toma Sindo, saludos.

    6. vazquezbeatriz69 22 months ago | reply

      Cuanto habras estudiado para saber y transmitir estas maravillas.
      pronto regreso a Cambados. Das clases em alguna univrsidad o cursos. Me pasaria el dia con cada piedra y su historia. Felicitaciones

    keyboard shortcuts: previous photo next photo L view in light box F favorite < scroll film strip left > scroll film strip right ? show all shortcuts