Ruta da castaña e do mel - 09/03/2019
No concello da Pobra de Brollón, máis concretamente na parroquia de Salcedo, hai unha ruta de sendeirismo recentemente homologada. É a ruta da castaña e do mel que comeza en Salcedo e vai baixando entre bosques ata o río Lor á altura da central de Loureiro. Logo pasa polo souto de Paramedela e volve cruzar o río para comezar a subida que nos leva de volta a Salcedo.
Durante o percorrido poderemos ver alvarizas restauradas, soutos, o río Lor, o castro de As Laceiras e abraiantes miradoiros. Todo integrado nun fermoso entorno natural.
A ruta non ten moitas dificultades, pero hai que ter en conta o descenso ata o río e a subida no regreso. Predominan os camiños en bo estado, aínda que tamén hai tramos de sendeiro
Lonxitude: 13 km aproximadamente
Dificultade: media
Desnivel: medio
94 photos · 11 views