Ruta do Río Arnoia - 24/11/2018
Esta ruta forma parte da rede galega de sendeiros homologados, é a ruta de sendeirismo PR-G 143 chamada Roteiro do río Arnoia.
Comezamos o percorrido no Santuario da Nosa Señora do Val. Ao pouco pasa polo lugariño de O Viso. Logo, entre bosques moi ben conservados e por camiño cómodo, chega ata a mesma beira do Arnoia. Máis adiante hai unha forte pero breve subida. O camiño volve a descender ata o río, pero chegado a este punto vai durante dous quilómetros por dentro dunha antiga canle de auga. Despois volve a afastarse do río e comeza unha subida ata o lugar de Escudeiros, onde remata o camiño oficial. Dende aquí, en pouco máis de dous quilómetros chegamos ao santuario no que comezamos.
A ruta ten un alto interese natural e paisaxístico. Se chovese moito os días anteriores pode haber lama, e algún punto pode ser esvaradío.
Lonxitude: 14 km
Desnivel: medio
Dificultade: media
93 photos · 4 views