Praia de Teixidelo - 14/05/2018
Esta ruta permite coñecer a que está considerada como a única praia de area negra non volcánica do noso planeta. Pero sen dúbida o emprazamento desta praia de Teixidelo aos pés dos cantís máis altos da Europa continental, acadando na Garita de Herbeira os 620 m sobre o nivel do mar, fan desta zona un lugar de paisaxes incribles e cheo de contrastes.
Ao longo da ruta tamén podemos observar a fervenza ou a falla de Teixidelo, unha estrutura xeológica de pedras ultrabásicas de preto de 300 millóns de anos, formadas por peridotitas, piroxenitas, granulitas e anfibolitas, que discorre por un fermoso val de orixe glaciar. Un lugar maxestuoso na Serra da Capelada.
57 photos · 10 views