Montes de Becerreá. Aciñeiral de Cruzul - 28/02/2015
A ruta comeza mesmo na vila de Becerreá. É un percorrido por zonas de media montaña da comarca. Ao pouco de comezar acádase o alto da Serra da Pena do Pico, case a 1200 m, e logo vaise descendendo, atravesando vales, aldeas e bosques ata chegar á aldea de Ousón, á beira do Aciñeiral de Cruzul, pequeno tesouro do noso país que forma parte da Rede Galega de Espazos Protexidos. Este aciñeiral observámolo dende fóra, percorrendo unha curta e fermosa estrada que nos leva ata a Ponte Vella de Cruzul.
A ruta ten un alto interese natural e paisaxístico, xa que conta cunhas abraiantes vistas durante gran parte do percorrido. A dificultade ven dada principalmente polo desnivel, tanto de subida como de baixada. Pode haber moita lama.
Lonxitude da ruta: 17 km aprox.
Desnivel: medio-alto
Dificultade: media-alta
99 photos · 162 views