Pena de Francia. Dozón 26/09/2020
Desprazámonos ata o concello de Dozón, situado na comarca do Deza, no interior da provincia de Pontevedra. Unha ruta circular que nos leva ata o monte da Pena de Francia, que se eleva case ata os mil metros de altitude e permite ver unhas panorámicas da contorna moi boas.
Pero a ruta ten máis alicientes, como as corredoiras polas que camiñaremos, atravesando fermosísimas zonas de bosque moi ben conservado e zonas de prados e pasteiros atravesados por regos. Tamén veremos o mosteiro de San Pedro de Vilanova, pouco antes de rematar a ruta.
O percorrido non presenta moitas dificultades salvo a lama que podamos atopar. Vai entre corredoiras, pistas e camiños. Iso si, temos que ter en conta a lonxitude do mesmo.
Lonxitude: 20 km aproximadamente
Dificultade: media
Desnivel: medio
70 photos · 1 view