Monte Xesteiras - 22/08/2020
Unha camiñada circular polos límites dos concellos da Estrada, Cuntis e Valga para achegarse ao cume do monte Xesteiras. O monte Xesteiras é un cume de 716 m de altura que se ergue illado entre os concellos de Cuntis e Valga, dominando as comarcas de Ulla-Umia e Tabeirós. Ten unhas excelentes vistas de toda a contorna, desde a Ría de Arousa ata as serras da Dorsal Galega. A ruta, circular, permitirános admirar e coñecer, entre outras, as sobreiras do adro da capela dos Milagres de Requián (A Estrada) e o sobreiral de Magán (Cuntis) que está incluído no catálogo de árbores senlleiras de Galicia.
54 photos · 3 views