A Paradanta - 09/02/2019
Xa estivemos anteriormente por esta zona da Paradanta facendo o sendeiro das Fragas e Levadas dos ríos Calvo e Deva, e sorprendeunos gratamente polas súas paisaxes.
Nesta ocasión comezamos a ruta no mesmo punto, a capela da Pena de Francia, facendo inicialmente parte do mesmo camiño polo val do río Calvo, e seguindo o coñecido como Camiño da Raíña que pasa polo lugariño de O Formigueiro ata o Chan dos Bidueiros. Dende aquí, chegamos ao Coto da Vella, onde teremos unhas fermosas vistas da zona. Logo, seguindo un Vía Crucis en forte pendente, só queda facer o descenso ata o santuario da Franqueira, o cal aproveitamos para visitar, e dar por rematada a andaina.
A ruta ten unha dificultade media, só e destacable o desnivel.
Lonxitude: 15 km aproximadamente
Dificultade: media
Desnivel: medio
81 photos · 19 views