Camiño da Amargura - 08/12/2018
Quizáis a ruta da Amargura sexa o máis bonito dos que levamos feito neste concello de Nogueira de Ramuín. É un percorrido circular que comeza e remata en Luintra, capital do concello. Entre corredoiras, fermosos bosques e zonas altas con marabillosas vistas, lévanos ata o lugariño de Biduedo. Dende ahí imos a Paradela, xusto enriba do río Sil. O tramo dende aquí ata o mosteiro de Santo Estevo é un abraiante bosque autóctono. Ao chegar ao mosteiro comeza o regreso a Luintra, pasando tamén por zonas ben fermosas como o regato de San Miguel.
A ruta non ten maiores dificultades, pero tampouco é doada. Hai que ter en conta a lama que poida haber nas corredoiras e o desnivel acumulado, xa que as subidas e baixadas son constantes.
Goza o percorrido dun alto interesa paisaxístico e natural e son abondosos os puntos de interese: o conxunto de mámoas da Moura, o mosteiro de Santo Estevo, o castro das Trapas (ou Penedos do Castro).
Lonxitude: 17 km aproximadamente
Dificultade: media
Desnivel: medio
99 photos · 26 views