Monte Oribio - 17/11/2018
Xa temos subido ao Oribio en varias ocasións, a primeira delas saíndo dende Triacastela e a segunda dende San Cristovo do Real.
Desta vez comezamos a camiñar preto de San Cristovo de Lóuzara na ladeira sur da montaña. Dende aí, entre bosques e por antigas corredoiras chegamos a Gudríz, onde comeza a forte e longa ascensión ao cumio situado a 1477 m de altitude.
Dende aquí hai unhas impresionantes vistas que permiten ver toda a serra do Caurel, Ancares, Manzaneda, O Faro, Sarria, Triacastela, e incluso a cidade de Lugo. Logo só queda facer o descenso, cruzando toda a serra e pasando polo alto de Torrentes, ata chegar ao punto de partida.
A ruta goza dun altísimo interese paisaxístico e ambiental. Os camiños en xeral son bos, pero é salientable o desnivel a salvar e a forte pendente nalgúns puntos.Como é unha actividade de montaña é preciso ter a licenza federativa correspondente, así como ter un bo estado de forma e estar acostumado a subir e baixar fortes desniveis (máis de 1000 m).
Lonxitude: 17 km
Desnivel: forte
Dificultade: media-alta
97 photos · 16 views