Ruta do Teleno - 28/10/2018
O Teleno é un monte que acada os 2183 m de altitude, situado na zona dos montes de León. Pola súa situación é un estratéxico miradoiro sobre as comarcas da Cabrera e a Maragatería.Sairemos do pobo de Molinaferrera (1100m) enclavado na falda do monte Teleno. A ruta comeza xusto na ermida do Cristo, por unha pista polo val do río Cabrito, logo de cruzalo pouco a pouco vai ascendendo e gañando altura ata chegar á Collada. Neste punto as vistas sobre a comarca son moi boas. A pendente vai aumentando, ata chegar a altura da Peña Negra (1650m). Ate aquí, os camiños son moi bos en xeral. Nos quedan aínda 500m de desnivel ata o cumio e as pistas convértense en sendeiros. As veces haberá que atravesar algunha pedreira, O camiño non é perigoso pero si que aumenta a dificultade da actividade. As vistas dende o Teleno son impresionantes.
Lonxitude: 19 km
Dificultade: media
Desnivel: forte
98 photos · 6 views