Ruta do monte do Cádavo - 22/12/2018
O percorrido transcorre case na súa totalidade polo concello de Cuntis, na parroquia de Cequeril. Comeza na igrexa de Santa María e, dende aquí, por unha ampla pista vaise subindo polo monte do Cádavo. Ao pouco atopamos unha zona con petróglifos moi interesantes, os petróglifos de Cequeril. O ascenso continúa ata chegar ao alto de Rolán. Aquí, se hai visibilidade, xa poderemos gozar dunhas vistas moi boas.
Logo, o camiño baixa por pistas e algún sendeiro ata chegar ao lugariño de Vilar de Mato. Unha vez aquí, temos que baixar á beira do río Umia para chegar á ponte do Ramo. Este treito é moi fermoso xa que hai bosques de ribeira moi ben conservados e muíños restaurados. Dende a ponte só nos queda facer un quilómetro de ascenso moi levadío ata Cequeril, onde remata o itinerario. A ruta non ten maiores dificultades, pero en puntos concretos haberá que prestar atención en caso de haber lama e no río hai algún pequeno tramo onde o camiño está desfeito.
Lonxitude: 13 km aproximadamente
Desnivel: medio
Dificultade: media
78 photos · 25 views