Ruta do Castro. Cervantes - 23/02/2019
Visitamos o concello de Cervantes para facer a fermosa e coñecida Ruta do Castro. É unha ruta circular, con comezo e final no mesmo San Román de Cervantes, que nos achega ao castro de Santa Mariña logo de pasar o rego de Castelo.
Mais adiante, subindo, chegamos a San Pedro onde comeza a subida máis forte da ruta de hoxe, que nos leva ao alto de Bibián, a 900 m de altitude. Dende aquí hai moi boas vistas de gran parte do concello. Un curto tramo por asfalto lévanos a unha curiosa capela dedicada a dous santos: santo Estevo e santo Antonio. Neste punto comezamos a descender ata chegar novamente a San Pedro e de aquí continuamos ata Cervantes.
O percorrido ten un alto interese natural, xa que son abondosos os bosques e cursos de auga. A zona tamén é unha boa mostra da típica paisaxe de montaña.
Pode haber lama nos camiños e tamén árbores caídas que poden molestar.
Lonxitude: 16 km aproximadamente
Dificultade: media
Desnivel: medio
96 photos · 20 views