new icn messageflickr-free-ic3d pan white
BARRIO DA MAGDALENA,FERROL | by Jorge Meis
Back to photostream

BARRIO DA MAGDALENA,FERROL

Estais todos invitados

www.pescaderiafotografica.es

www.pescaderiafotografica.es/index.php?option=com_wrapper...

 

Durante a fin de semana do 18 e 19 de xuño de 2011, cincuenta fotógrafos galegos de todos os ámbitos sustituirán ás praceiras na Praza do Mercado de Ucha, en Ferrol. Os fotógrafos poñerán as súas obras á venda en lugar do peixe, a prezos populares: Dez fotografías de autor nun tamaño e prezo únicos, 50 euros cada unha.

  

Haberá un total de cincocentas imaxes presentadas polos seus autores, ademais de música, danza, unha conferencia e unha charla, un taller para nenos e algunha sorpresa máis...

 

Benvidos a tod@s.

  

A

idea

 

A Pescadería Fotográfica nace despois de falar entre compañeiros fotógrafos e non fotógrafos, polo tanto é un proxecto de todos. Éste xurde co obxectivo de compartir; compartir imaxes entre fotógrafos, compartir imaxes co público, compartir experiencias todos con todos, así pois, non é un exercicio endogámico, senón unha maneira de compartir co público as moitas e variadas fotografías que fan fotógrafos de Galicia.

 

Sería obvio dicir que un fotógrafo camiña coa súa cámara para “pescar” unha imaxe, pero tamén pódese dicir que os grandes pescadores teñen un “gran ollo” á hora de pescar.

 

Unha vez un gran pescador dixo: “Se non sabes mirar o mar, non sabes pescar”.

 

Por qué os fotógrafos substitúen ás pescadeiras para amosar os seus traballos nunha pescadería:

Porque estamos en tempos de crise, en tempos de reinventar e compartir.

Porque entre todos podemos dicir máis alto as inxustizas que sofren os fotógrafos no mercado.

Porque esta sociedade edúcanos cada vez mais para competir, e dende a Pescadería preténdese compartir co público os traballos de fotógrafos máis noveis ata os máis consagrados.

Porque existe unha euforia social e económica á hora de construír grandes centros comerciais e os fotógrafos somos xente de barrio. Pensamos que os mercados deberían ser populares e iguales para todos, pedimos o respecto para os negocios familiares, coma os nosos.

Porque os fotógrafos sempre están trala súa cámara e poucas veces acompañan os seus traballos en público.

 

Polo tanto, este proxecto non é un concurso, nen unha certame, non ten ningún carácter competitivo. É unha xuntanza para gozar e compartir, onde todos somos iguais e o público asistente pode charlar cos fotógrafos e mercar, nun prezo moi asumible, unha ampla variedade de traballos de todos os estilos.

 

Gabriel Tizón

Coordinador do proxecto

  

A

forma

 

Cando Mercamos na Praza buscamos, o primeiro, calidade, despois, a cercanía, a conversa, os consellos sobre como cociñar o peixe, como conservalo... Polo tanto, dende a parte que lle corresponde a Zlick na peixaría, que é a impresión das imaxes á venda, pretendemos que os peixeiros-fotógrafos poidan ofrecer a maior calidade posible aos seus clientes. Para iso poñemos ao seu dispor os nosos coñecementos sobre como tratar o "produto".

 

Asegurando unha xestión correcta da cor e ofertándolles soportes 100% algodón e a tecnoloxía de impresión máis avanzada, que proporcionan una durabilidade e calidade óptimas para o seu "peixe". Pois o comercio tradicional, como ben demostran cada día as nosas praceiras, non está rifado co uso dos últimos avances ao seu dispor. Na praza, hoxe, úsanse e impleméntase normas de conservación e xestión da calidade ben distintas ás de hai anos, pero o produto, porén, non perdeu nada da súa frescura e segue a ser o bo ollo á hora de escoller o peixe o que nos leva a praza todos os días…

 

Así, nós, deixamos para os fotográfos-peixeiros a conversa, os consellos, as historias e principalmente o bo ollo ao pescar, e esperamos que eles e os seus clientes disfruten dun produto da mellor calidade a prezos asequibles.

 

Gimena Berenguer e Marcos Ferreiro

Responsables da Impresión e Montaxe

4,585 views
70 faves
214 comments
Taken on March 26, 2009