new icn messageflickr-free-ic3d pan white
2248-Cidade da Cultura no Monte Gaias (Compostela) | by jl.cernadas
Back to album

2248-Cidade da Cultura no Monte Gaias (Compostela)

A Cidade da Cultura de Galicia é un complexo arquitectónico, cultural e de entretemento que está a ser construído na cidade de Santiago de Compostela. O complexo tratará de reconciliar a conservación patrimonial coa produción de coñecemento, investigación, creación e consumo cultural.

 

O proxecto de construción da Cidade da Cultura de Galicia naceu no ano 1999 cando a Xunta de Galicia convocou un concurso internacional para escoller o proxecto que rexería a súa construción no monte Gaiás, en Santiago de Compostela.

 

Unha vez avaliadas tódalas propostas, elixiuse como proxecto final o do grupo Eisenman Architects, atendendo, segundo o fallo do concurso, á súa singularidade tanto conceptual como plástica, e á súa excepcional sintonía co lugar.

 

O proxecto de Eisenman crea un novo cumio no monte Gaiás. Trátase dunha codia pétrea que quere lembrar un pregamento xeolóxico dividido por cortes naturais que evocan o motivo da vieira. O complexo proxectado sobre o Gaiás pretende transmitir a sensación de que se funde co terreo como se estivese tallado nel, configurando unha masa pétrea na que urbanismo de figura/figura no que os edificios e a topografía son un todo.

 

Galipedia.

4,383 views
17 faves
84 comments
Taken on August 15, 2011