new icn messageflickr-free-ic3d pan white
2237-Mosca das frores en Oleiros (Coruña) | by jl.cernadas
Back to group

2237-Mosca das frores en Oleiros (Coruña)

Mosca é o nome xenérico dun extenso grupo de especies de insectos pertencentes á orde dos dípteros (Diptera). Foron clasificadas unhas 120.000 especies de moscas, e algúns científicos estiman que hai un millón de especies vivas hoxe en día. Así pois, unha de cada dez especies animais recoñecidas pola ciencia é unha mosca, e existen máis especies distintas de moscas que de vertebrados.

 

As moscas posúen un corpo con cabeza, tórax e abdome; o primeiro par de ás están completamente formadas e o segundo par está transformado nuns apéndices chamados hapterios que lle serven para o equilibro no voo; ollos compostos por centos de facetas sensibles á luz individualmente, e pezas bucais adaptadas para succionar, lamber ou perforar. Ningunha mosca é quen de morder ou mastigar, pero moitas especies pican e succionan sangue. O seu ciclo de vida é holometábolo, isto é, que pasa por varias fases morfolóxicas, que no caso da mosca son catro: o ovo, a larva, a ninfa, e o adulto. Algunhas especies completan este ciclo nuns poucos días e outras nun ou dous meses.

 

As moscas forman parte de case todos os ecosistemas, en todos os hábitats terrestres. As consecuencias da súa presenza no medio ambiente e na sociedade humana son de importancia excepcional, porque xunto cos mosquitos, e só despois do home e os microorganismos patóxenos, as moscas son os seres vivos que causan máis dano e morte no planeta. Son axentes de transmisión dunha gran cantidade de enfermidades, incluíndo cólera, dengue, disentería, febre amarela, malaria, salmonelose e febre tifoidea; e causan perdas significativas na produción de froitas e outros vexetais.

 

As moscas son tamén organismos moi importantes na reciclaxe dos refugallos de orixe animal e vexetal, un proceso esencial para a permanencia da vida na terra. Son tamén necesarias como alimento de paxaros, ras e outros réptiles, morcegos, arañas, e insectos varios. Moitas moscas participan tamén na polinización das plantas.

 

Traido da Galipedia

 

2,159 views
1 fave
15 comments
Taken on June 19, 2011