new icn messageflickr-free-ic3d pan white
3715-Pazo de Oca en Vedra-A Estrada (Pontevedra) | by jl.cernadas
Back to photostream

3715-Pazo de Oca en Vedra-A Estrada (Pontevedra)

O Pazo de Oca é unha casa señorial galega construída entre os séculos XVII e o XVIII.

 

Está situado na parroquia de San Estevo de Oca, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra, (Galicia). Encontrase no val do río Ulla, a uns 30 quilómetros ao sudeste da cidade de Santiago.

 

O pazo foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores.

 

A primeira familia propietaria do pazo foi a de Don Suero de Oca. Na actualidade pertence ao Ducado de Medinaceli.

 

O Pazo é un dos mais famosos de Galicia polos seus fermosos xardíns, que teñen pontes, árbores pouco frecuentes e, entre outras moitas cousas máis, un estanque con patos e ocas.

 

Na Galipedia, a Wikipedia en galego

2,541 views
33 faves
167 comments
Taken on July 25, 2011