new icn messageflickr-free-ic3d pan white
3679-Mondoñedo (Lugo) | by jl.cernadas
Back to photostream

3679-Mondoñedo (Lugo)

O val no que se atopa o concello conserva numerosos restos arqueolóxicos como dolmens, castros, coma o de Zoñán e petróglifos, os cales amosan que xa existían asentamentos na vila dende o neolítico.

 

A primeira mención a Mondoñedo é de 1112: a raíña Urraca traslada a Sé Episcopal de San Martiño de Mondoñedo a Vilamaior do Val de Brea, ou Valibria, a actual Mondoñedo [3]. En 1156 Afonso VII concédelle a categoría de cidade. A Sé Episcopal trasladouse a Ribadeo entre 1182 e 1230 para fomentar o poboamento desta vila.

 

O episodio máis soado da historia antiga de Mondoñedo foi a decapitación do mariscal Pardo de Cela. Acusado de traizón e apresado no seu castelo da Frouseira, a súa muller obtivo o perdón da raíña Isabel a Católica, pero os inimigos do Mariscal detiveron os portadores do indulto real na ponte do Pasatempo o tempo preciso para que fose executado.

 

O seu casco vello foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1985, nel destacan a praza da catedral, monumento nacional construído no século XIII e cara onde conflúen todas as rúas da vila. En Mondoñedo destacan outros edificios coma o Santuario dos Remedios, construído a mediados do século XVIII, o Hospital de San Paulo, construído na mesma época, o Convento da Concepción, o Mosteiro dos Picos e o Seminario Conciliar. A paisaxe arquitectónica da vila caracterízase polos tellados de lousa das casas que rematan nuns picos de pedra típicos chamados "ameas" para protexerse contra o vento. A vila de Mondoñedo é un dos puntos polos que pasa o Camiño de Santiago

 

Foi capital da provincia de Mondoñedo, unha das sete provincias galegas históricas até 1833.

 

Galipedia.

1,712 views
9 faves
21 comments
Taken on May 14, 2011