new icn messageflickr-free-ic3d pan white
O MONTE ENFEITIZADO (Guimarei, A Estrada) | by IES-MGB
Back to photostream

O MONTE ENFEITIZADO (Guimarei, A Estrada)

Autor: Catarina Barcala Gosende

 

Ano 1531, un pequeno monte de Guimarei. Un grupo de bruxos celebraba un aquelarre. Uns cidadáns, saídos da nada, comezaron a rodealos prendendo fogueiras no chan, que se facían cada vez máis grandes, pois o único que debilitaba ós bruxos era o lume. A maioría deles deron fuxido xa que había algo que os habitantes do pobo descoñecían. Aínda que o lume os debilitase, case todos eles eran moi poderosos, e seguían conservando os poderes. Pero algúns, os mais febles, quedaron atrapados entre as chamas, pola falta de maxia. Entre eles unha xoven bruxa duns dezasete anos, loura e de ollos claros. Ela descoñecera durante toda a súa vida que era bruxa, pois fora adoptada e nunca soubo a verdade ata que o seu poder madurou e algúns dos seus antollos comezaron a facerse realidade, ...e coñeceu o mundo da maxia. Este era o primeiro aquelarre ao que ía, e entre o fume e os berros estaba atordada.

 

Levaba un mes aprendendo maxia, e aínda que era moi boa estudante, o tempo non lle chegara para ter os suficientes coñecementos para fuxir deste momento.

 

Os cazadores de bruxas atrapárona e atáronlle as mans con cadeas. Ao seu arredor había polo menos dez homes con fachos de lume. Intentou tranquilizarse, mais non puido, cando escoitou: " Eu alcalde de Guimarei, queimarei a estes malditos bruxos na fogueira dentro de media hora. O necesario para preparalo todo".

 

Aí a xoven quedou branca e veu todo o mundo polos seus ollos, non se lle ocorría nada para saíren desta e pensou por uns intres no que lle dixo a coidadora do orfanato cando só tiña seis anos: "Teus pais deixaron esta carta por se algun día estás nun apuro".

 

Intentara abrila un montón de veces, mais non fora capaz. Nese intre, volveu intentalo, sempre a levaba enriba. Colleuna, e logrou ver o que había dentro, unha letras borrosas, pero deuno lido: " Compre que antes de que te queimen na fogueira leas isto... " Ela parou de ler, e con moito orgullo agarrou forte a carta coas súas mans. Non opuxo resistencia mentres a conducían polo camiño. Chegaron a un monte afastado do pobo e atárona a unha árbore pequena. Colocaron herba seca baixo dela. Antes de lle prenderen lume, ela pronunciou decidida:

 

-Bruxa serei,

e hoxe morrerei,

mais a miña alma vagará

e no tempo pervivirá,

e soa castigará

a todos os que neste monte ousen entrar.

 

Prendéronlle lume, e queimárona viva. Mais despois duns intres, coa xoven bruxa morta, todos os presentes nese monte, fixéronse cinzas, e o meigallo da xoven perdurou ata a actualidade. E aínda hoxe, ninguén ousa entrar nese monte que pasouse a chamar: O monte enfeitizado.

949 views
2 faves
7 comments
Taken on December 25, 2009