Galicia Calidade > Collections > Xoias certificadas por Galicia Calidade

Ardentia é unha marca de carácter artesanal que leva 25 anos traballando no deseño e na elaboración de coleccións de xoiaría en prata. Palabras como calidade, innovación e oficio configuran a partes iguais os principais valores da nosa empresa cuxo principal obxectivo non é outro que producir obxectos de adorno persoal que destaquen no seu contorno polo seu marcado carácter diferenciador.

O seu equipo realiza todos osprocesos de deseño e elaboración do produto, para o que regularmente se forma nas novas técnicas e tecnoloxías que están dispoñibles no sector. Ademais, a empresa está inmersa nun proceso de internacionalización, polo que participa nas principais feiras internacionais do sector.

A través do traballo busca poder converterse nunha empresa de referencia dentro do sector, achegándolles aos seus clientes todos os valores cos que realiza as pezas. Tamén conta cun servizo de garantía posvenda que contempla o apoio e o servizo aos clientes, con independencia do tempo transcorrido desde a venda do artigo.

Colección "Gorgonia" de Ardentia

Colección...

4 photos