Galicia Calidade > Collections > Xoias certificadas por Galicia Calidade

A empresa Fink Orfebres comezou no ano 1993 a actividade de xoiaría e ourivaría, elaborando os seus propios deseños, combinando prata e acibeche, esmaltes ao lume e pedras semipreciosas, e utilizando distintos acabados: mate, brillo, texturas e dourados.

Inicialmente, a empresa estaba composta polos dous ourives Javier e Enrique Guillermo Fink Fernández. Máis tarde, a empresa transformouse na sociedade limitada Fink Orfebres, S.L. o que supuxo unha modernización na xestión. A actividade de Fink Orfebres céntrase no deseño de xoias e na realización de pezas de xoiaría en prata e ouro combinados con outros materiais como o acibeche.

A promoción dos produtos desempeña un papel moi importante na empresa. Así, participa con expositor propio en feiras especializadas, onde se presentan as novidades e se fortalece o intercambio comercial cos clientes. No mercado español participa na Semana Internacional do Agasallo, da Xoiaría e da Bixutería que se celebra en Madrid en xaneiro e setembro. Nos últimos anos está a apostar polo fomento da actividade no estranxeiro, coa participación centrada nas feiras de Inhorgenta (Múnic) e Las Vegas.

Colección "Sacapuntos" de Fink Orfebres

Colección...

55 photos