Galicia Calidade > Collections > Xoias certificadas por Galicia Calidade

Orfega xurde como taller de ourivaría clásica compostelán no ano 1996.“ Deseños que inspiren, emocionen e perduren no tempo”, ese é o leit motiv que move a todas as persoas que forman Orfega a evolucionar na profesión de ourivaría.

Os seus deseños evocan motivos da natureza, tradicións e cultura de Galicia, o mar Atlántico, a artesanía... xogos de acibeche e prata que recordan motivos composteláns ou transportan a outras culturas. Aínda que busca o carácter atemporal para as súas xoias.

Orfega busca deseños que non pasan de moda, motivos clásicos reinterpretados, materiais de exquisita calidade. A manufactura realízase nos talleres de Santiago de Compostela, fabricando peza a peza, pedido a pedido, de xeito individual. Lanzou ao mercado máis de 100 coleccións de xoias e complementos e presentouse nas feira Bisutex (Madrid) e Inhorgenta (Múnic).