Galicia Calidade > Collections > Xoias certificadas por Galicia Calidade

En 1985 Óscar Rodríguez Blanco, levado pola súa tradición familiar, o seu coñecemento do mercado de xoiaría e a súa ilusión por desenvolvelo, fundou a súa primeira tenda e taller de xoiaría en Viveiro, cidade que o acolleu desde moi temperá idade. Era unha pequena tenda-taller duns 40 metros cadrados que puxo en marcha o proxecto da familia Rodríguez.

Desde 1990 o Grupo Praza Galicia serve de trampolín para as súas obras formando parte do mesmo até a súa disolución no 2008. En 1994 debido ao crecemento da firma e a necesidade dunha infraestrutura maior amplía as súas instalacións, convertíndose nun dos talleres máis importantes de Galicia.

A partir de 1995 Óscar Rodríguez participa na cita internacional de Iberjoya en Madrid expondo dúas veces ao ano as súas novas obras, unha combinación de creación, estética, elaboración artesanal e un toque de atrevemento que converte cada xoia nunha auténtica obra de arte.

En 2004 é convidado a participar en BCN Futur, Salón Internacional de ultímo, onde se mostrarían en primicia as novidades que marcan tendencia de máis de 32 sectores, entre os que cabe destacar a arte e deseño das obras de Óscar Rodríguez.

Desde o ano 2005 e até o momento a súa sinatura está presente de forma anual na feira internacional "Inhorgenta" en Munich, onde cada ano presenta as súas obras máis atrevidas, conseguindo un gran recoñecemento internacional pola exhuberancia e a forma caprichosa das súas creacións.

En 2006 decídese pechar a tenda-taller orixinaria para trasladarse a un edificio que é o resultado da rehabilitación de dous antigos inmobles para a súa conversión nun centro integral de proceso de deseño, elaboración e venda das creacións con selo de Óscar Rodríguez. Trátase do salto definitivo para a consolidación do artista en imaxe e prestixio, sendo agora un dos talleres máis importantes de España no que a xoiaría artística e artesanal se refire.

Ao longo da súa traxectoria profesional ten recibido importantes premios e recoñecementos non podendo deixar de mencionar as últimas edicións do premio AN Gem Awards no que participa desde a súa creación. Desde o 2008 incorpórase para traballar na empresa a súa filla Cristina, que tras formarse en deseño de xoiaría e dirección de empresas en Barcelona e New York agora é parte importante dos plans do autor. Traballan xuntos en coleccións frescas e innovadoras que non deixan impasible a calquera que as vexa.

Colección "Kerale" de Óscar Rodríguez Joyeros

Colección...

16 photos