Gustavo Gili. El jardín en movimiento
El jardín en movimiento
Gilles Clément

Ed. Gustavo Gili. Barcelona. 2012
Colección Territorios
112 páginas. 15 x 24 cm
ISBN: 9788425224485
+ info


O paisaxista Gilles Clément expón, a través do seu libro, a teoría do “xardín en movemento”. Esta teoría baséase na capacidade de crecemento espontáneo e incontrolado das especies vexetais, na súa diversidade e na colonización azarosa que exercen sobre os espazos baleiros.

Para o deseño da cuberta procuramos aplicar as ideas e os conceptos de “xardín en movemento” para acadar un resultado gráfico que conseguise comunicalos eficazmente.

Cun orzamento limitado, indagamos no proceso de produción para poder acadar variacións, movemento e azar na cuberta do libro sen incrementar os custos. No lugar de limitarnos ás dimensións da cuberta, traballamos coas do prego completo de 70x100 (que contén catro cubertas con lapelas), e sobre el debuxamos, unha a unha, as flores dunha das imaxes do autor que mellor reflexan as ideas do libro. Así, conseguimos catro cubertas diferentes para un mesmo libro, todas do mesmo xardín.

Para a tripa decidimos traballar cunha soa tipografía (a Pradell de Andreu Balius) a un só tamaño (12 pt). Tamén, na mesma liña de pensamento do libro, deseñamos unha grella e unha caixa de texto que funcionase ben dende a lóxica da lexibilidade, e que, ao mesmo tempo, fose o menos xerarquizada e 'deseñada' posible, procurando que o texto fose colonizando de maneira natural o espazo baleiro das páxinas en branco.
17 photos · 856 views