Carteis galegos (A Coruña). 1958-1976
A BIBLIOTECA PÚBLICA DA CORUÑA Miguel González Garcés, grazas á normativa de Depósito Legal, é depositaria dende 1958 dun exemplar dos materiais impresos na provincia da Coruña.

Entre as publicacións obxecto de DEPÓSITO LEGAL: libros, revistas, periódicos, materiais audiovisuais…, encóntranse os CARTEIS. Dadas as súas especiais características, a mediados da década do 2000 a Biblioteca realizou unha selección de case 900 carteis, entre os máis de 5.000 que conserva, que logo dixitalizou e enlazou ao seu Catálogo bibliográfico, o que permite dende entón visualizalos a través da súa URL: bibliotecas.absys.xunta.es/abnetopac/abnetcl.exe/O7002/ID...

Co fin de mellorar a visibilidade e difusión destas IMAXES móstranse agora a través de 5 álbumes Flickr, que se poden consultar nas seguintes ligazóns:

Carteis galegos (A Coruña). 1958-1976
www.flickr.com/photos/bppmgonzalezgarces_carteis1/sets/72...
Carteis galegos (A Coruña). 1977-1981
www.flickr.com/photos/bppmgonzalezgarces_carteis2/sets/72...
Carteis galegos (A Coruña). 1982-1986
www.flickr.com/photos/bppmgonzalezgarces_carteis3/sets/72...
Carteis galegos (A Coruña). 1987-1991
www.flickr.com/photos/bppmgonzalezgarces_carteis5/sets/72...
Carteis galegos (A Coruña). 1992-2011
www.flickr.com/photos/bppmgonzalezgarces_carteis55/sets/7...

As imaxes están acompañadas da descrición bibliográfica realizada para o catálogo xeral da Biblioteca, o que permite a busca das mesmas por palabras clave.

MÁIS INFORMACIÓN na páxina web da Biblioteca:
rbgalicia.xunta.es/coruna/index.php?subApartado=106
179 photos · 1,604 views
1