new icn messageflickr-free-ic3d pan white
Alimentación sostible, cóidate e cóidanos | by Bibliotecas Municipais da Coruña
Back to photostream

Alimentación sostible, cóidate e cóidanos

A alimentación sostible é un modelo de alimentación que ten como obxectivo afrontar as preocupacións de saúde e ambientais asociadas á produción e consumo de alimentos. Para iso, ademais de garantir a saúde das persoas, busca promover a produción e consumo responsables, xera un impacto ambiental reducido, loita contra o cambio climático, respecta a cultura, a biodiversidade e protexe os ecosistemas terrestres e a vida submarina.

Ata finais de xaneiro nas bibliotecas atoparás unha selección de fondos relacionados con esta temática, coa que esperamos que aprendas e desfrutes. Ademais, nas nosas redes sociais atoparás consellos, recomendacións e moito máis para achegarte a esta forma de vida.

Para ir abrindo boca, aquí tes a guía de recursos: cutt.ly/sostible

59 views
0 faves
0 comments
Taken on October 22, 2021