new icn messageflickr-free-ic3d pan white
Visita da alcaldesa Inés Rey á Biblioteca Fórum Metropolitano | by Bibliotecas Municipais da Coruña
Back to photostream

Visita da alcaldesa Inés Rey á Biblioteca Fórum Metropolitano

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca o día 24 de outubro, a alcadesa Inés Rey visitou a Biblioteca Fórum Metropolitano para coñecer de preto o funcionamento dos servizos e a seguridade que ofrecen os espazos bibliotecarios.

Inés Rey estivo acompañada pola xefa de Servizo Isabel Blanco e a directora da Biblioteca Fórum Mercedes Conchado.

 

As Bibliotecas Municipais da Coruña celebramos o próximo 24 de outubro o Día da Biblioteca sumándonos á iniciativa do Ministerio de Cultura "Bibliotecas, sempre ao teu lado".

 

Conmemoramos o noso día dando visibilidade ao noso traballo e defendendo a existencia das bibliotecas a través dos testemuños dalgunhas das nosas usuarias e usuarios ademais de mostrar a seguridade dos espazos bibliotecarios, que poderedes descubrir a través das nosas redes ao longo desta semana. Así mesmo, atoparedes unha selección de materiais nos nosos centros, relacionados co amor á lectura, aos libros e ás bibliotecas.

 

+ info campaña:

www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/actividades-des...

 

88 views
1 fave
0 comments
Taken on October 23, 2020