new icn messageflickr-free-ic3d pan white
Visita Extra: Chíos Formación | by Bibliotecas Municipais da Coruña
Back to photostream

Visita Extra: Chíos Formación

O alumnado do Centro de Formación Chíos visita un ano máis a sala infantil da Biblioteca Fórum Metropolitano. A través desta visita, ademáis de coñecer os espazos, recursos, actividades e servizos que a biblioteca presta, preténdense reforzar diversos contidos educativos traballados en diferentes módulos profesionais do Ciclo Formativo de Grao Superior de Educación Infantil.

Entre eles, un dos principais aspectos é o valor da literatura infantil como recurso educativo. No ámbito da educación infantil, o conto ten unha especial relevancia no tratamento de temas como a educación en valores, a educación emocional, a adquisición de habilidades e capacidades relacionadas coa alimentación, saúde e descanso, a educación vial, etc.

42 views
0 faves
0 comments
Taken on April 11, 2018