flickr-free-ic3d pan white

as tardes do verán

O verán chamaba, un ano máis, á porta. Nas aulas, os nosos ollos fuxían por aquelas xanelas abertas e espíamonos das fraccións, das raíces cadradas, dos decimais, dos ditados, dos verbos, das bes e das uves,... e tentabamos esquecer aquel olor a xiz do encerado pra bañarnos no pilón, no río ou na praia.

 

Días nos que esqueciamos as cualificacións por algunhas horas, os estudos, o inglispitinglis e os berros dos pais mentres nos bañabamos no Penedo, na Pontenova, nas Campaíñas ou na ponte do Ramo. Algunha vez viches o río por dentro? e tirabámonos dende un salgueiro pra caer en bomba. Unha vez dentro buceabamos deica o leito e nadar como se fosemos troitas río arriba, río abaixo e logo subir á superficie pra coller aire.

 

O avó de Ricardo, na aldea da Ermida, contábanos a lenda da Fonte dos berberichos ou a do Castrón de ouro no picouto do Castro Sebil.

 

- ... que si, rapás, si! Tendes que ir ata o penedo máis ghrande do Castrosibil, arriba no picouto, e mesmiño debaixo hai unha fonte que ten aghua todo o ano e alí hai uns berberichos pequeniños. Non, non che é conto ninghún, preghuntádelle á xente, habedes ver como é verdá.

 

Nós percorriamos o monte tentando seguir as indicacións que nos deran para atopar aqueles bivalvos e non había maneira. Acertaramos da pedra varias veces, mais co toxo que había, non había xeito de dar con aquela fonte. Seica ao final secara por tanto eucalipto que plantaron.

 

Un ano máis, dábamos aquela procura por imposíbel, e gozabamos das vistas do val de Cuntis e das rías que se vían ao lonxe desde o cumio. Sentiámonos dende alí arriba como o explorador que escalou o Everest.

 

Un ano máis, sentiámonos libres naquelas tardes de verán.

 

Mike Oldfield - The Song of the Sun

  

948 views
8 faves
26 comments
Taken on August 16, 2009