new icn messageflickr-free-ic3d pan white
2474-Porta falsa na muralla romana de Lugo. | by jl.cernadas
Back to photostream

2474-Porta falsa na muralla romana de Lugo.

A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.

 

O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros[1] e a súa altura varía entre os 8 e os 12 metros,[2][3] sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e na parte que queda en pé tamén houbo profundas transformacións.

 

Inicialmente a muralla tiña cinco portas,[4] mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas. Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición

 

Portas da muralla de Lugo.

1. Porta de San Fernando

2. Porta Falsa

3. Porta da Estación

4. Porta de San Pedro

5. Porta do Bispo Izquierdo

6. Porta do Bispo Aguirre

7. Porta de Santiago

8. Porta Miñá

9. Porta do Bispo Odoario

10. Porta Nova

 

Porta Falsa

Esta porta era a utilizada pola gornición romana, sendo coñecida durante os séculos XVII e XVIII como a Porta do Boquete, debido ás súas reducidas dimensións, o que fai que sexa unha das orixinais romanas. Este tipo de portas para a gornición romana eran coñecidas coma posterulae, sendo ese o seu único uso, sendo a saída unha trincheira escavada no terreo.

 

Durante a Idade Media foi probablemente clausurada, volvendo reabrirse en 1602, aínda que ata vinte anos despois non se estabilizaría esa apertura, debido á instalación nas súas inmediacións do Hospital de San Bertomeu, antes situado na praza Maior. Por esta porta entraban e saían os correos (durante moitos anos foi a máis próxima ao camiño da Coruña, sede da Capitanía Xeral e da Audiencia). No século XX foi aberta para uso exclusivo peonil construíndo no seu acceso unhas escaleiras.

 

Está situada nunha ladeira e as súas dimensións son de 3,45 metros de ancho e 5,65 metros, sendo a súa altura e ata o adarve, de 11,50 metros. Entrando pola porta á esquerda

 

Galipedia.

7,186 views
7 faves
49 comments
Taken on January 7, 2010