new icn messageflickr-free-ic3d pan white

Adult Content

You must be signed in to see this content. Sign in

Back to photostream

A Pobra: o Psoe leva a pleno unha moción contra a Lomce por "clasista, segregadora e excluínte"

Na imaxe, típica aula dos tempos do Franquismo, época á que regresaremos coa nova reforma do ministro de Educación Wert, o peor valorado de toda a democracia

 

A Pobra do Caramiñal, 24 de maio de 2013. Segundo explica hoxe en nota de prensa a portavoz socialista da Pobra, Teresa García Guillán, "a reforma Wert é demoledora para a ensinanza pública, non consensuada ca comunidade escolar, feita as costas da comunidade educativa, que solo escoita aos bispos. É o ataque máis tremendo que sufriu a educación desde o inicio da democracia. Supón a ruptura do pacto educativo establecido na constitución e permite a introdución sistemática da discriminación. É unha lei: clasista, segregadora e excluínte".

 

Segundo o Psoe pobrense, "o que o goberno ten que saber é que xamais pode ser súbdito da igrexa porque a educación é o futuro e o están construíndo moi negro. O goberno ten previsto pasar de inverter en educación o 4,9% do PIB en 2010 ao 3,9% no 2015. Fai 30 anos o gasto era do 5,35% do PIB. É un retroceso tremendo. Acabouse a educación compensatoria, a integración de nenos e nenas con necesidades especiais por problemas físicos ou psíquicos, acabáronse os programas masivos de becas".

 

VIOLENCIA DE XÉNERO: SEN FORMACIÓN

 

Ademais, os socialistas da Pobra lembran que "estes tres últimos días asasinaron a catro mulleres polo tanto a eliminación da educación para a cidadanía é moi grave porque educar para a cidadanía significa educar no respecto as desigualdades, a inmigración, a Constitución, as institucións, e demais".

 

MOCIÓN ÍNTEGRA

 

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción sobre a retirada do anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

   

A educación en España mellorou extraordinariamente nos últimos anos, tal e como testemuñan os estudos de organismos internacionais. Hoxe os niveis de escolarización son máis altos que nunca en todas as etapas educativas, a porcentaxe de abandono escolar prematuro diminuíu substancialmente, e somos un dos países que máis avanzou nos últimos anos en rendemento e equidade. O resultado é que hoxe dispomos dun sistema educativo cun nivel crecente de calidade, organizado como un servizo público universal, que chega a toda a poboación en condicións de igualdade e de calidade.

 

O último impulso a este avance prodúcese en 2006, cando tras un intenso debate e un diagnóstico rigoroso, apróbase a Lei Orgánica de Educación cun altísimo grao de acordo entre comunidade educativa, organizacións sociais e forzas políticas. Esta lei xunto ao aumento sostido durante varios anos dos orzamentos para educación, permitiron un enorme avance nos obxectivos da estratexia da UE para o 2020.

 

Estes logros están agora en perigo ao presentar o Goberno de Mariano Rajoy un novo anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa de carácter extremadamente conservador, regresivo para a educación pública e que supón un cambio profundo na organización da educación en España. A realidade é que para a súa elaboración serviuse dos seus principios ideolóxicos, renunciando á elaboración dun diagnóstico rigoroso, compartido e coherente das necesidades e obxectivos educativos para os próximos anos.

 

Esta nova reforma abre un camiño tan inxusto como ineficaz posto que asume que segregando pronto aos mozos redúcese o fracaso escolar. As medidas propostas van claramente encamiñadas a excluír canto antes do sistema escolar precisamente a quen máis necesitan da escola, e a formar aos nenos e aos mozos expresamente con criterios competitivos.

 

Un Anteproxecto de Lei que se utiliza como elemento arreboladizo entre españois e busca degradar as linguas cooficiais, á vez que promove un proceso de re-centralización que obvia a contribución das CCAA á mellora da educación en España.

 

Desde logo, non se entende que razóns, fóra das puramente ideolóxicas, avalan o fortalecemento do ensino da relixión católica e permiten eliminar a formación cívica da Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos.

 

Un anteproxecto de Lei que mostra unha desconfianza preocupante cara ao docente e que pon toda a súa fe nas reválidas, as avaliacións e o rankings.

 

En definitiva, unha reforma educativa que supón un menoscabo cara á escola pública e que demostra unha profunda desconfianza sobre o papel indispensable e positivo que esta xogou no desenvolvemento do últimos trinta anos en España.

 

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

 

ACORDOS:

   

A retirada do Anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

A apertura dun proceso de diálogo para a análise das necesidades e os obxectivos, mediante un documento aberto de traballo de obxectivos e diagnóstico.

No centro deste debate estará a Comunidade Educativa, Consello Escolar do Estado, os Consellos Escolares Autonómicos, expertos educativos, as Comisións de Educación no Congreso e no Senado, os Parlamentos Autonómicos, a FEMP e a Conferencia Sectorial de Educación.

 

A Pobra do Caramiñal, 06 de maio de 2013.

     

Mª Teresa García Guillán

904 views
0 faves
0 comments
Taken on April 24, 2009