Visita do Bispo de Lugo Á Fonsagrada e Confirmacións
O 6 de xullo de 2018 o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco visitou a parroquia de Santa María da Fonsagrada.

A primeira hora da tarde visitou unha das residencia de maiores da Vila na que celebrou a Santa Misa para os residentes.

Despois visitou unha capela doméstica e bendicíu as imaxes da Virxe María e de San Antonio.

A última hora da tarde, na Igrexa, confirmou a tres membros da comunidade parroquial, rematando a cerimonia coa bendición dos peregrinos.

Tamén visitou a oficina parroquial de atención ao peregrino
11 photos · 662 views