new icn messageflickr-free-ic3d pan white
Geira Romana. Etapa Caldelas Campo de Gerês | by Roteiros Galegos
Back to photostream

Geira Romana. Etapa Caldelas Campo de Gerês

Logo da etapa inicial, case urbana, deste camiño a Santiago, hoxe tocounos unha máis longa e dura, que percorremos fundamentalmente pola Geira ou Vía Nova, a vía romana mellor preservada en Portugal, que conta con máis de 230 miliarios ao longo do seu percorrido ata Astorga.

Se onte a vía ascendía por relanzos suaves ata Caldelas, a partir de hoxe o percorrido é todo feito en altitude. Deixamos o concello de Amares e imos camiñar hoxe e mañá polo municipio de Terras de Bouro nun traxecto de cerca de 30 km, cun trazado sinuoso cheo de curvas e contracurvas, sen subidas ou baixadas acentuadas ata acadar Covide, onde penetra no Parque Nacional Peneda-Gerês, polo Campo de Gerês.

Lonxitude: 28,1 km

Desnivel: Medio

Dificultade: Media alta (pola lonxitude)

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

73 views
0 faves
0 comments
Taken on October 13, 2017