roteiro pola Costa Ártabra
Un espectacular roteiro de 12 horas pola Costa Ártabra, realizado pola A.VV. A Cutareira entre as rías de Ares e a de Ortigueira. Cen quilómetros de liña costeira coas combinacións paisaxísticas de mar e terra máis espectaculares do arco atlántico: tres rías (Ares, Ferrol e Cedeira), areais xenerosos en ondas e dunas, lagoas litorais e cantís.

Na ría de Ferrol, cabo Prioriño e un pouco máis ao norte o cabo Prior. Entre eles sitúase a praia de Doniños, que posúe a primeira das lagoas litorais características desta zona.

A meirande é a lagoa da Frouxeira, a única de augas salobres, situada na praia de Valdoviño. Alí fixemos un descanso para xantar.

Rematamos,despois da visita obrigada ás Fragas do Eume, cun relaxante paseo polo bonito casco histórico de Pontedeume.
28 photos · 45 views