27nov2010 Acción Rede Feminista GZ contra a violencia machista
O sábado saimos de novo á rúa porque non temos nada que celebrar, e rexeitamos a labor das institucións en nome dun falso feminismo, que resulta saboteadora e desmobilizadora (mais non conseguirán desmobilizarnos!).

Porque as empregadas de fogar seguen a estar en condicións de escravitude.

Porque a que traspasa as fronteiras e é pobre perde todos os dereitos.
...
Porque as mulleres violentadas, agredidas, maltratadas,... son victimizadas, xulgadas, e revictimizadas.

Porque a igrexa e os poderes públicos traballan xuntos na perpetuación do patriarcado, constituíndo institucións de alto risco para as mulleres.

Porque as mulleres que se defenden son criminalizadas, e voltan a ser agredidas polas institucións que as desprotexen, e que crean e perpetúan a violencia contra nós.

Porque a maioría das persoas que viven en situación de pobreza no mundo, son mulleres.

Porque seguimos a ser asasinadas.

Porque violarnos é arma bélica que desmoraliza ao inimigo masculino, ademais de limpar a raza.

Porque o machismo, é o terrorismo.

Porque a heterosexualidade como único camiño é un modo máis de control e de perpetuación de violencia, ademais dun artificio obrigatorio.

Porque somos mercantilizadas, obxectualizadas, marcadas, conquistadas,...

Porque este texto pode ser un infinito, e estamos FARTAS.

Temos a capacidade de defendernos, porque levamos toda a vida facéndoo nun mundo feminicida. E seguimos loitando.

Contra o terrorismo machista,
AUTODEFENSA FEMINISTA!

Rede Feminista Galega
155 photos · 480 views
1