new icn messageflickr-free-ic3d pan white
Domus, vista exterior | by =mc2
Back to photostream

Domus, vista exterior

O edificio de Domus é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki. É o primeiro museo interactivo do mundo que trata de forma global e monográfica o ser humano. Foi inaugurado o 7 de abril de 1995, e atópase no Paseo Marítimo de Riazor.

 

Algúns números...

Para encaixar o edificio na canteira escaváronse na roca, na súa maioría manualmente, 31.500 toneladas de pedra.

Para a estrutura empregáronse 5.641 metros cúbicos de formigón encofrado in situ, ademais dos 720 metros cúbicos de prefabricados.

 

Os encofrados de formigón visto realizáronse utilizando 800 metros cúbicos de madeira de piñeiro en 130.000 táboas de 10 centímetros de ancho que postas unha tras outra alcanzarían 325 quilómetros.

 

O edificio ten dous tipos de pedra de granito. En muros e paredes hai 6.440.000 quilos de granito gris Mondariz. En prazas e escalinata hai 4.563.000 quilos de granito rosa Porriño, que foron transportados desde a canteira en 550 viaxes.

En pavimentos e revestimento da fachada empregáronse 18.862 pezas de lousa, ademais de 250 pezas de 1 metro cadrado para as varandas interiores.

 

O revestimento de fachada fíxose con 6.600 pezas de lousa que se sosteñen con 159.348 parafusos axustados manualmente.

 

O pavimento de exteriores está formado por 5.761 laxas de granito rosa Porriño e 90.000 lastras. Os obreiros que construíron o edificio traballaron un total de 383.250 horas.

---------------------------

El edificio de Domus es obra del arquitecto japonés Arata Isozaki. Es el primer museo interactivo del mundo que trata de forma global y monográfica el ser humano. Fue inaugurado el 7 de abril de 1995, y se encuentra en el Paseo Marítimo de Riazor.

 

Algunos números...

Para encajar el edificio en la cantera se excavaron en la roca, en su mayoría manualmente, 31.500 toneladas de piedra.

Para la estructura se emplearon 5.641 metros cúbicos de hormigón encofrado in situ, además de los 720 metros cúbicos de prefabricados.

 

Los encofrados de hormigón visto se realizaron utilizando 800 metros cúbicos de madera de pino en 130.000 tablas de 10 centímetros de ancho que puestas una tras otra alcanzarían 325 kilómetros.

 

El edificio tiene dos tipos de piedra de granito. En muros y paredes hay 6.440.000 kilos de granito gris Mondariz. En plazas y escalinata hay 4.563.000 kilos de granito rosa Porriño, que fueron transportados desde la cantera en 550 viajes.

En pavimentos y revestimiento de la fachada se emplearon 18.862 piezas de pizarra, además de 250 piezas de 1 metro cuadrado para las barandillas interiores.

 

El revestimiento de fachada se ha hecho con 6.600 piezas de pizarra que se sostienen con 159.348 tornillos ajustados manualmente.

 

El pavimento de exteriores está formado por 5.761 losas de granito rosa Porriño y 90.000 adoquines. Los obreros que construyeron el edificio trabajaron un total de 383.250 horas.

  

24,169 views
0 faves
0 comments
Uploaded on June 23, 2006