O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou Washington, convidado pola Organización de Estados Americanos (OEA) para explicar a política de prevención que se realiza dende Lugo, e que é exemplar en todo o mundo. O Alcalde reuniuse co Embaixador de España ante a OEA, Javier Sancho, ao que lle explicou a importancia do Foro Internacional contra as drogas que se celebrará en Lugo o ano que vén.