Back to photostream

Torre do Reloxo - Compostela

Vista dende a praza da Quintana da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela.

A Berenguela é como se coñece á campá maior da torre, a encargada de marcar as horas. A lenda da Berenguela orixinal conta que se escoitaba en Bastavales, pero a actual ten menos potencia sonora.

A lenda máis coñecida da praza da Quintana ten que ver con esta torre. A historia dí que na Quintana vive un monxe que se convertiu en pedra. Na actualidade pódese ver o debandito monxe, reflectido como a sombra da toma de terra do pararaios da torre, en ángulo coa Porta Santa cando a iluminación incide sobre o este monolito. É unha costume moi arraigada en Compostela, visitar a Quintana de noite e contemplar a forma da sombra que por certo, semella a sombra dun monxe.

980 views
6 faves
13 comments
Uploaded on November 14, 2008
Taken on March 29, 2008