|
|
Xuventudes Socialistas de Galicia's photostream |
Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) é a organización da mocidade socialista de Galicia, integrada polas agrupacións territoriais, así como polas agrupacións galegas do exterior.
Xuventudes Socialistas de Galicia é unha organización independente que se relaciona a nivel federal coas Juventudes Socialistas de España (JSE).
XSG é a organización xuvenil do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE). Participa no seu funcionamento e apórtalle as súas ideas, pero XSG goza de autonomía plena no funcionamento dos seus órganos e na adopción do seu ideario político.
As Xuventudes Socialistas de Galicia son unha organización que se define como socialista e galeguista. Así, os valores fundamentais nos que asenta a súa ideoloxía son: a liberdade, a igualdade e a solidariedade, o galeguismo, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo.
Son, polo tanto, obxectivos de XSG:
Ser o referente da mocidade galega na loita polo socialismo, entendido este como a construcción dunha sociedade de cidadáns/ás libres e iguais en dereitos, cunha economía ó servizo da sociedade na que non exista ningunha clase de explotación ou discriminación por razón de nacemento, sexo, raza, opinión ou relixión.
Traballar por unha sociedade democrática, libre, solidaria e tolerante.
Fomentar entre a mocidade galega valores e actitudes baseados nas ideas de igualde, socialismo, galeguismo, participación social, pacifismo e desenvolvemento sostible.
Loitar contra todo tipo de explotación.
A defensa dos intereses de Galicia, da súa cultura, da súa lingua, da súa identidade nacional e da súa transformación nunha sociedae de constante progreso.
A plena emancipación da mocidade galega.
Xuventudes Socialistas de Galicia leva máis de 100 anos (dende 1904) loitando dende a esquerda polos dereitos e liberdades dos mozos e mozas de Galicia, este é o noso obxectivo prioritario.
Contacts (0)
Xuventudes Socialistas de Galicia hasn't listed any contacts yet.
Testimonials (0)
Xuventudes Socialistas de Galicia doesn't have any testimonials yet.