Telmo Martín é un político galego do Partido Popular nacido en Xil, no municipio de Meaño (Pontevedra), no ano 1958. Casado e cunha filla. Consolidada a súa actividade empresarial decide dedicarse á política.

O actual líder do Partido Popular na capital da provincia amosou dende ben cedo as súas inquedanzas políticas e afiliouse a Alianza Popular con menos de 20 anos, en 1977.

O 30 de maio de 1997 asumiu a presidencia local do Partido Popular de Sanxenxo e dous anos máis tarde presentouse como candidato á Alcaldía deste concello. O seu equipo acadou unha primeira maioría absoluta que revalidou catro anos máis tarde cun importante incremento do apoio da cidadanía. Durante ese período dedicou boa parte do seu labor á dinamización e modernización do municipio, e deseñou e dirixiu importantes actuacións tendentes á consolidación de Sanxenxo como o principal destino turístico de Galicia.
En decembro de 2006 renuncia á Alcaldía e encabeza a candidatura do Partido Popular na cidade do Lérez a nas eleccións municipais de 2007. Resulta o claro vencedor dos comicios, cun 44,2 por cento de votos e 12 concelleiros na Corporación municipal, quedándose ás portas da maioría absoluta. O candidato do BNG, que finalmente foi o alcalde, obtivo un 28% dos votos e 7 concelleiros.

En maio de 2011 repetiu como cabeza de lista. A candidatura que liderou foi, de novo, a máis votada, pero o pacto entre BNG e PSOE deixouno outra vez fóra do goberno. Dende aquela continúa o seu traballo por Pontevedra como presidente local do partido e dirixindo ao equipo municipal do PP.

Telmo Martín iniciou a súa actividade empresarial na década dos 80, ao retorno dun período en Alemaña; constitúe co seu pai e o seu tío a sociedade Hierros Santa Cruz, na que ocupou desde o seu nacemento o posto de administrador. A empresa ten a súa sede central en Castrelo (Cambados) e está dedicada á fabricación e distribución de produtos siderúrxicos. O ámbito de actuación desta compañía esténdese por toda a Península Ibérica, coa participación en obras tan significativas como a nova ponte sobre a bahía de Cádiz, o edificio satélite do aeroporto de Baraxas, novo aparcadoiro da Terminal 4 de Baraxas ou o centro comercial Norteshoping.

Neste sector, a primeira e principal rama profesional da súa traxectoria empresarial, Telmo Martín ocupa tamén desde o ano 2008 a presidencia de Aefacer (Asociación Española de Fabricantes de Armaduras Pasivas Certificadas para Hormigón).

No ámbito empresarial tamén ten unha importante implicación na construción e a promoción inmobiliaria. Deste xeito, na súa condición de socio ocupa desde 1990 o cargo de conselleiro delegado en Construcuatro, empresa que desenvolve a súa actividade nas provincias de Pontevedra, A Coruña, Oviedo e Málaga. Así mesmo forma parte de varias sociedades ligadas a propiedades ou a promocións inmobiliarias concretas. Neste sector, non obstante, a súa implicación limitouse case sempre a manter a condición de socio, sen participación na xestión empresarial directa.

Contacts (0)

Telmo.Martin hasn't listed any contacts yet.

Testimonials (0)

Telmo.Martin doesn't have any testimonials yet.

Name:
Telmo Martíin González
Joined:
November 2011
I am:
Male and Taken