|
|
Migallas Teatro's photostream
|
A compañía pontevedresa Migallas Teatro foi constituída como compañía profesional no ano 1996 aínda que como grupo afeccionado a súa creación data de 1992.
Os nosos espectáculos teñen un carácter humorístico e están baseados na visión irónica da realidade máis próxima. Con isto pretendemos facer un teatro comprensible, crítico e divertido sen descoidar, como é obvio, a interpretación e a posta en escena.
Migallas Teatro ten na actualidade espectáculos para público familiar e espectáculos para público adulto. Algunhas das súas personaxes transcenderon do ámbito teatral a outros medios como é o caso da popular Sra. de Palmírez do programa Luar da TVG.
Dende o ano 1996 temos realizado unha media de 70 representacións por ano o que suma unhas 500 actuacións como compañía profesional.
Ademais da montaxe de espectáculos teatrais e de contacontos realizamos talleres de expresión dramática a través de concellos, asociacións e colexios.
Contacts (0)
Migallas Teatro hasn't listed any contacts yet.
Testimonials (0)
Migallas Teatro doesn't have any testimonials yet.
- Joined:
- September 2011
- Website:
- migallas.com