A FUNDACION

* ¿Qué é a Fundación EmerxeMorrazo?


A Fundación EmerxeMorrazo é unha institución que xurde da man da inesgotable creatividade dos habitantes da Comarca do Morrazo. Os nosos instrumentos son principalmente o apoio os artistas emerxentes, a creación, e as propias institucións, colectivos, salas e festivais que a impulsan.

* ¿cal é a nosa filosofía de vida? Segundo poetizan os nosos estatutos:

“A fundación ten por obxectivo promover, incentivar e executar calquera tipo de iniciativa dirixida a impulsar o desenvolvemento das formacións artísticas emerxentes da comarca, os eventos e as salas integradas no proxecto EmerxeMorrazo, e da comarca en sí como destino turístico-musical a través dos seus artistas e actividades.”

* Contacto. Esta e nosa sede virtual e verdadeira, ainda que como dirección postal e de contacto temos os nosos instrumentos na Casa da Música de Bueu:

Sede da Fundación EmerxeMorrazo.
Casa da Música Don Manuel Omil.
Valado s/n 36930 Bueu.
Comarca do Morrazo.

EmerxeMorrazo@gmail.com


* A Comarca do Morrazo:

A Fundación xurde cun marcado carácter comarcal. Os concellos de Bueu e Marín, Fecimo e Troula na Banda amosan xa dende os comezos unha meta a curto prazo, que non é outra que integrar o antes posible no proxecto os Concellos de Cangas e Moaña.

Contacts (1)

 

Testimonials (0)

EmerxeMorrazo doesn't have any testimonials yet.

Name:
EmerxeMorrazo
Joined:
April 2010
Website:
Fundación EmerxeMorrazo