Group Pool 69 photos |   Only members can add to the pool. Join?

view profile
Felipe Domínguez (a group admin) says:
23 Feb 11 - Estiben buscando algún grupo onde ver e compartir fotos do meu concello, Outes, e resulta que non o atopei por ningures, ¿que mágoa non crees?.
Foi por isto polo que me decidín a crealo, pois coido que temos moito que mostrar.

Mostranos a túa visión de Outes, o único requisito é que compartas fotografías tomadas no noso Concello, (que non sexan de mal gusto, por favor), tanto si pertences a el como si non.

Únete e participa, só tes que chamar á porta e acomodarte.

Discussion 2 posts |  Only members can post. Join?

Title Author Replies Latest Post
Presentate Felipe Domínguez 10 4 weeks ago
25/09/2011 kdd outes Felipe Domínguez 0 8 months ago

About Outes

Para presantar este novo proxecto, coido que o mellor é aportar unha pouca información sobre o noso concello.

O Concello de Outes forma parte da comarca de Noia, integrada ademáis polos concellos de Noia, Lousame e Porto do Son. Esta comarca atópase na costa oriental da provincia de A Coruña. Poucos municipios gozan do privilexio de atoparse nun marco xeográfico que ofreza tan rica variedade de formas e contornos, matices paisaxísticos
e contrastes.



As súas fronteiras están determinadas pola desembocadura do río Tambre ao Sur, e os concellos de Muros, Mazaricos, Negreira e Noia.

O seu termo ocupa 100 quilómetros cadrados. A capital municipal está na Serra de Outes e dista 7 quilómetros de Noia, 15 de A Picota (Mazaricos), 25 de Muros, 40 de Santiago e 105 de A Coruña.

Outes ten un clima oceánico húmido debido á proximidade do Atlántico, as precipitacións son máis abundantes nos meses de novembro a marzo pero no verán, o tempo en xeral é bo, con temperaturas altas e escasas choivas debido a presencia case constante do anticiclón das Azores.

O concello conta cunha densidade de 93 habitantes por quilómetro cadrado, moi superior á media do Estado Español se ben a poboación tende a concentrarse no litoral, de xeito que a metade dela vive en só tres núcleos de poboación: A Serra, O Freixo e O Cruceiro de Roo.

O Concello de Outes divide os seus 100 Km2 en 10 parroquias:

* San Tirso de Cando
* Santo Ourente de Entíns
* Santa María de Entíns
* San Lourenzo de Matasueiro
* San Cosme de Outeiro
* San Pedro de Outes
* San Xoán de Roo
* San Xoán do Freixo de Sabardes
* San Xián de Tarás
* San Miguel de Valadares


Festas e romarías :

* Santiago Apóstolo: Patrón do Concello, que se celebra o 25 de Xullo.
* San Cristobo: Celebrado o domingo máis próximo ao día do Apóstolo, é unha das nosas festas máis tradicionais, que inclúe desfile de coches decorados e remata nunha degustación de sardiñas con boroa.
* San Campio: A romería de San Campio é unha das máis famosas romerías non só de Outes, senon tamén dos concellos limítrofes. Esta celébrase na igrexa parroquial de San Ourente, na que se gardan as reliquias do santo, o día 29 de setembro. É San Campio o santo das enfermidades nerviosas ou mentais e tamén o santo dos tolos, dos que teñen o mal cativo ou o demo metido no corpo. Debido tamén a súa condición de militar, os mozos acudían a el cando se tiñan que incorporar ao servizo militar ou partían para a guerra.

*** Atención:
- toda a información e as duas imaxes, (deste artigo), foron tomadas da páxina web do concello de Outes o día 23/02/2011, para máis información non dubiden en visitala en:
www.outes.es

*********************************************************************************************************

COMENTARIOS (Copiar e pegar o seguinte):

<a href="http://www.flickr.com/groups/outes/"><img src="http://oi52.tinypic.com/29pyhb4.jpg" width="83" height="100" alt="Outes"></a>

Vista en: / Seen in: <a href="http://www.flickr.com/groups/outes">Outes</a>

************************************************
E verase así:

Campo & agricultura / Field & agriculture
Vista en: / Seen in:Outes

____________________________________________________________________
INVITACIÓN (Copiar e pegar o seguinte):

<strong>Queres engadir a túa fotografía ó noso grupo?

<img src="http://oi52.tinypic.com/29pyhb4.jpg" />
<a href="http://www.flickr.com/groups/outes/">
Outes </a>
Estás convidad@ a unirte !!!</strong>
_________________________________________________________________________
RESULTARÁ

Queres engadir a túa fotografía ó noso grupo?



Outes

Estás convidad@ a unirte !!!
____________________________________________________________________

Additional Information

This group is public This is a public group.

  • Members can post 3 things to the pool each day.
  • Accepted media types:
    • Photos
  • Accepted content types:
    • Photos
  • Accepted safety levels:
    • Safe
RSS 2.0 feed Subscribe to a feed of stuff on this page... Feed – Subscribe to Outes discussion threads