lmbuga 3:54pm, 4 March 2010
Velaquí un posible modelo de mensaxe:

As imaxes que subiches ó grupo ( www.flickr.com/groups/galiza_dominio_publico/ ), por teren tódolos dereitos reservados, serán retiradas dentro de sete días. Tanto o grupo como a Wikipedia galega só admiten imaxes que permitan as obras derivadas e o uso comercial. Se che interesa trocar a licenza, poderán manterse.

Síntoo. O caso é que nas Wikipedias son moi estritos coas imaxes. Pensa que se non fosen moi estritos o proxecto podería desaparecer nos xulgados porque hai moita xente poderosa (a enciclopedia Encarta de Microsoft desapareceu fai un ano) que non lles interesa a presenza das Wikipedias.

O grupo está pensado nas Wikipedias.

Flickr por defecto coloca as imaxes dos usuarios con tódolos dereitos reservados.

Explícoche, por se o desexas, como cambiar as licenzas das novas fotos que subas e, pois é outro o procedemento, para as fotos xa subidas. Indícoche tamén o que supoñen as licenzas.

QUE AS NOVAS FOTOS QUE SUBAS TEÑAN OUTRA LICENZA
1. Vai á páxina "Tu galería"
2. No fondo da páxina, calca en "Tu cuenta"
3. Na parte superior calca na pestana "Privacidad y permisos"
4. Na páxina que se abre, na liña en que pon "Qué licencia tendrá tu contenido" fai click en "editar"
5. As licenzas válidas para a Wikipedia son:
- Atribución-Compartir bajo la misma licencia de Creative Commons
- Atribución de Creative Commons

CAMBIAR A LICENZA DUNHA FOTO XA SUBIDA
Hai 2 maneiras:
PARA UNHA SOA FOTO XA SUBIDA
1. Vai á foto
2. Na columna dereita da pantalla, debaixo de "Información adicional" está escrita a licenza, tras dela aparece "editar", calca nese "editar"
3. Ábrese unha pantalla na cal podes escoller a licenza desa foto.

PARA VARIAS FOTOS XA SUBIDAS
1. Fai clic na pestana "Organizar y crear"
2. Coloca arrastrando as fotos que desexes no centro da pantalla para editalas en lote
3. Fai clic en "Organizar por lote" > "Permisos" > "Cambiar la licencia"

Se non tes inconveniente en modificar a licenza desa imaxe, comunícamo. Cando a suba farei comentario na páxina da foto poñendo as ligazóns

Se mudas algunha outra, dimo, pois a verdade é que nos interesan tódalas fotos sobre Galicia.

QUE SUPOÑEN AS LICENZAS
- Atribución-Compartir bajo la misma licencia de Creative Commons
Esta licenza implica que sempre que alguén empregue a foto ten que nomearte a ti e indicar o enderezo de Flickr en que está a imaxe.
Ademais, se alguén fai unha obra derivada, ten que, ademais de nomearte a ti e á páxina, poñer a mesma licenza que ti usaches.
- Atribución de Creative Commons
Esta licenza implica que sempre que alguén empregue a foto ten que nomearte a ti e indicar o enderezo de Flickr en que está a imaxe.

Se algún día queres aprender a subir fotos á wikipedia galega ou a Commons, faimo saber. Ó comezo resulta complicado, pero cunhas poucas normas acláraste enseguida

Graciñas
Groups Beta