lmbuga 6:20pm, 30 December 2009
Primeiramente temos que permitir ou escoller unha imaxe que permita a realización de obras derivadas e o uso comercial.

O procedemento é complexo, pero faise en menos de 3 ou 5 minutos tendo experiencia (non é necesario descargar a imaxe no noso ordenador para despois subila, iso é automático). Os pasos son os seguintes:

1. Rexistrarse en Commons ( commons.wikimedia.org/wiki/Category:Galicia_(Spain) ). Commons é un espazo común a tódalas wikipedias. Subir unha imaxe a Commons é como subila a todas e cada unha das wikipedias.
2. Acceder rexistrado a esta páxina ( toolserver.org/~bryan/flickr/upload ).
3. Escribir o nome de usuario que se ten en Commons.
4. Colocar o enlace á páxina da imaxe que se desexa subir.
5. Facer click en "Next". Se hai unha mensaxe de erro, léase o texto: pode ser que o sistema de subida estea inactivo por un breve espazo de tempo, ou pode que a imaxe non permita as obras derivadas e o uso comercial
6. Na páxina que se abre, hai que incorporar ou variar algúns datos:
-"Filename": Pódese variar o nome e poñer mellor título á imaxe indicando, por exemplo, parroquia e concello, Galiza.jpg
-"Description": Neste espazo debe haber unha descrición. Se o título da imaxe colocado en "Filename" é completo, pódese copiar
-"Categories, templates (WikiText)": Débense colocar as categorías entre dobres corchetes. As categorías son carpetas con imaxes, páxinas de imaxes ou con subcarpetas. A carpeta principal sobre Galicia é [[Category:Galicia (Spain)]] ( commons.wikimedia.org/wiki/Category:Galicia_(Spain) ). Se non se é quen de localizar unha categoría máis concreta, abonda con escribir [[Category:Galicia (Spain)]], pero é necesario escribir cando menos isto (Os concellos de Galicia teñen todos cadansúa categoría, por exemplo [[Categoy:Vilagarcía de Arousa]]).
7. Tras cumprimentar eses datos, facemos click en "Next"
8. Na páxina que se abre, facemos click en "Save page"
9. Para rematar, hai que subir a imaxe. O proceso é automático, consiste unicamente en facer click na ligazón "click this link"
10. Para ver a imaxe subida, na nova páxina que se abre, fágase click en "uploaded image". A imaxe tardará un pouco tempo en ser visible (mesmo 2 minutos), depende do seu tamaño, pode ser que haxa que recargar a páxina e ter algo de paciencia (ás veces o bot que sobe as imaxes de flickr está saturado e pode tardar horas, pero acaba subindo a imaxe).
11. Incorporar a imaxe na parte superior da páxina ( Wikipedia:Imaxes de Commons non incorporadas ). Para o mesmo hai que facer click na pestana editar e escribir, xusto debaixo de "gallery" o nome do ficheiro que se subiu anteriormente.


Calquera problema que teñades póndevos en contacto comigo (poñédeme a ligazón á páxina de Commons e á de Flickr que teñen o problema)
iacubs 9 years ago
Gracias Imbuga por ofrecerme participar con mis fotos en un grupo tan abierto e interesante sobre Galicia y que además contribuye a wikipedia. La configuración que tengo en flickr es "pública". Espero no tener que hacer nada más en ella para hacer posible la utilización de las fotos por vosotros de la manera que decís, esto es exportarlas a la wikipedia gallega para documentar. Si tuviese que modificar algo dímelo con concreción. Inicialmente a mi de forma personal no me interesa publicar en wikipedia. Desde luego sí a través de vosotros. Suelo geolocalizar todo lo que publico en flickr con más o menos dificultad y acierto (quiero decir que estoy seguro de que no todas están bien situadas).
Estoy deseando iniciarme en el grupo.
Saludos
Iacubs
lmbuga Posted 9 years ago. Edited by lmbuga (member) 9 years ago
Ola iacubs. Si tes que facer algo máis. Cambiar a licenza. Tes que colocar unha licenza que permita as obras derivadas e o uso comercial. Envíoche unha mensaxe cos datos que coloco a continuación:

Tanto o grupo como a Wikipedia galega só admiten imaxes que permitan as obras derivadas e o uso comercial.

O caso é que nas Wikipedias son moi estritos coas imaxes. Pensa que se non fosen moi estritos o proxecto podería desaparecer nos xulgados porque hai moita xente poderosa (a enciclopedia Encarta de Microsoft desapareceu fai un ano) que non lles interesa a presenza das Wikipedias (este é un xuízo persoal meu).

O grupo está pensado nas Wikipedias.

Flickr por defecto coloca as imaxes dos usuarios con tódolos dereitos reservados.

Explícoche, por se o desexas, como cambiar as licenzas das novas fotos que subas e, pois é outro o procedemento, para as fotos xa subidas. Indícoche tamén o que supoñen as licenzas.

QUE AS NOVAS FOTOS QUE SUBAS TEÑAN OUTRA LICENZA
1. Vai á páxina "Tu galería"
2. No fondo da páxina, calca en "Tu cuenta"
3. Na parte superior calca na pestana "Privacidad y permisos"
4. Na páxina que se abre, na liña en que pon "Qué licencia tendrá tu contenido" fai click en "editar"
5. As licenzas válidas para a Wikipedia son:
- Atribución-Compartir bajo la misma licencia de Creative Commons
- Atribución de Creative Commons

CAMBIAR A LICENZA DUNHA FOTO XA SUBIDA
Hai 2 maneiras:
PARA UNHA SOA FOTO XA SUBIDA
1. Vai á foto
2. Na columna dereita da pantalla, debaixo de "Información adicional" está escrita a lcenza, tras dela aparece "editar", calca nese "editar"
3. Ábrese unha pantalla na cal podes escoller a licenza desda foto.

PARA VARIAS FOTOS XA SUBIDAS
1. Fai clic na pestana "Organizar y crear"
2. Coloca arrastrando as fotos que desexes no centro da pantalla para editalas en lote
3. Fai click en "Organizar por lote" > "Permisos" > "Cambiar la licencia"

Se non tes inconveniente en modificar a licenza desa imaxe, comunícamo. Cando a suba farei comentario na páxina da foto poñendo as ligazóns

Se mudas algunha outra, dimo, pois a verdade é que nos interesan tódalas fotos sobre Galicia.

QUE SUPOÑEN AS LICENZAS
- Atribución-Compartir bajo la misma licencia de Creative Commons
Esta licenza implica que sempre que alguén empregue a foto ten que nomearte a ti e indicar o enderezo de Flickr en que está a imaxe.
Ademais, se alguén fai unha obra derivada, ten que, ademais de nomearte a ti e á páxina, poñer a mesma licenza que ti usaches.
- Atribución de Creative Commons
Esta licenza implica que sempre que alguén empregue a foto ten que nomearte a ti e indicar o enderezo de Flickr en que está a imaxe.

Sexa cal sexa a túa decisión. Graciñas.

PD. Por certo na Wikipedia soen retirar as marcas con sinaturas, promoción ou publicidade das imaxes. En caso de non poder facelo, bórranas.
Groups Beta